Residuos - Miño

Que é un xestor de residuos?
A persoa ou entidade, pública ou privada, rexistrada mediante autorización ou comunicación que realice calquera das operacións que compoñen a xestión dos residuos, sexa ou non o produtor dos mesmos (segundo a Lei 22/2011, de Residuos)

Lista de xestores autorizados

Por que debo contratar un xestor de residuos?
A Lei 22/2011 de Residuos (art.17) define que o produtor ou outro posuidor inicial de residuos, con obxecto de asegurar o tratamento adecuado dos seus residuos, está obrigado a:
a) Realizar o tratamento dos residuos por el mesmo.
b) Encargar o tratamento dos seus residuos a un negociante, ou a unha entidade ou empresa, todos eles rexistrados conforme ao establecido esta Lei.
c) Entregar os residuos a unha entidade pública ou privada de recollida de residuos, incluídas as entidades de economía social, para o seu tratamento.

Ver Lei

Como podo saber se os meus residuos son considerados como perigosos?
Considéranse residuos perigosos aqueles que figuren na lista europea de residuos, publicada na orde mam/304/2002, así como os recipientes e envases que os contiveran.

Lista Europea de residuos

Recollida de Aveños

Recogida de Enseres

A recollida de aveños é a noite do mércores ao xoves

Centro urbano Todos os Xoves do Mes

Bemantes e Callobre, 2º e 4º xoves de cada mes

Perbes, San juan, Bañobre, Leiro, Viadeiro, Trasdoroña, Carantoña e Bañobre 1º e 3º xoves de cada mes

Recollida de Aceite

Recollida de Aceite

Renováronse os oito colectores para a reciclaxe de uso alimentario, e engadíronse catro máis. Quedarán nos seguintes lugares:

Padrín (Bemantes).

Estrada da Praia, altura do n°22.

Avenida de Xarío (Costa Miño).

Apeadeiro (San Xoán).

Local Social (Bañobre).

Rúa Marismas.

Calle Extremeiro.

Rúa Raxel.

Calle Hermo.

Rúa O Lousado (Costa Miño).

Sombreu.

Rúa Pumariega

Punto Limpio

Punto Limpio

Horario do Punto Limpo:

Luns, Xoves E Sabado de 10:00 a 13:00 h

Martes, Miercoles e Venres de 16:00 a 19:00 h

A dirección é Gallamonde s/n, (detrás do aparcamento do campo do fútbol)

Tlf: 608 184 197/ 981 782 058

Dependiente de Vazquez Garzon,S.L.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies