Balance das melloras nas infraestruturas eléctricas no municipio de Gondomar

30/07/2013

Redacción Línea Verde

Tal e como figuraba no programa electoral do rexedor Fernando Guitián e o seu equipo, o goberno de Gondomar reforzou o traballo na mellora da subministración eléctrica do municipio.

Transcorridos dous anos de lexislatura o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Juan Carlos González Camesella, fai balance dos proxectos executados, entre os que se encontran:

-Transformador e reforzo da liña eléctrica no barrio de Portavedra, en Mañufe;

-transformador e reforzo da liña eléctrica no barrio de Mourisca, en Chaín;

-condución subterránea e centro de transformación no barrio de San

Martiño, na parroquia de Borreiros;

-condución subterránea e centro de transformación no barrio de

Barcalla (Doas). Esta actuación estase a executar nestes momentos.

-Licenza para a liña subterránea, reforzo e instalación dun centro de transformación no barrio de A Costa (Mañufe).

Os devanditos proxectos permanecían paralizados, nalgúns casos dende hai máis de catro anos. Para poder sacalos adiante, o Concello de Gondomar conseguiu, tras as xestións realizadas, a colaboración das empresas distribuidoras (Fenosa e Eléctrica de Tui), e das Comunidades de montes para a instalación dos transformadores (Mañufe e Borreiros).

Para realizar o proxecto do barrio de A Costa contouse, ademais, coa colaboración do concelleiro e voceiro de IxG, Manuel Gómez, o cal voluntariamente cedeu o terreo necesario para a instalación do centro de transformación nesta zona.

Camesella afirma que "dende o goberno local seguiremos nesta liña de traballo, buscando a mellora constante destas infraestruturas, sobre todo nas zonas onde máis deficiencias existan".

No punto de mira do goberno local tamén se encontran proxectos máis ambiciosos, como a condución subterránea da liña de media tensión que discorre paralela ao río Miñor, na zona urbana


Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies