Noticias e alertas

OBRADOIRO DE BATCHCOOKING

14/09/2023

Os próximos sábados 23 e 30 de setembro terán lugar senllos talleres para toda a familia. Mentres adultos e maiores de 12 anos aprenden como cociñar á vez diferentes receitas para varios días da semana ou facer preparacións intermedias para combinarse e crear outras en pouco tempo, as e os pequenos de 3 a 11 anos gozan nun taller de autonomía persoal.

É unha actividade gratuíta, que se celebrará nas instalacións da Casa do Pescador (rúa Curro, á beira do cuartel da Garda Civil) e que busca implicar a todos os membros da familia na conciliación e a corresponsabilidade.

*Recoméndase levar algún tipo de recipiente tipo táper para levar a casa os alimentos que se preparan durante a sesión.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies