07/07/2026
Trasladamos as seguintes recomendacións achegadas pola Federación Española de Municipios e Provincias respecto da situación de emerxencia humanitaria provocada polos recentes terremotos rexistrados en Venezuela, co obxectivo de colaborar da forma máis axeitada coa poboación afectada:
1.- Priorizar as aportacións económicas fronte ás doazóns en especie, ao ser o mecanismo máis eficaz e adecuado para atender as necesidades identificadas sobre o terreo.
2.- Canalizar ditas achegas a través das organizacións humanitarias especializadas coas que a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) mantén convenios de actuación en materia de acción humanitaria, cuxa relación pode consultarse na páxina web da AECID:
Terremoto en Venezuela - https://www.aecid.es/en/terremoto-en-venezuela
3.- Evitar, polo momento, a organización de campañas de recollida de alimentos, medicamentos ou materiais, agás que as autoridades competentes establezan expresamente canles oficiais para iso.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies