24/03/2026
A lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, da Xunta de Galicia, obriga ás persoas responsables a xestionar a biomasa forestal dos terreos incluidos nas faixas secundarias de protección contra incendios.
Estas faixas son franxas de 50 m perimetrais ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, e para protexer ás persoas e vivendas de posibles lumes, reducindo a cantidade de material inflamable, nelas non poderá haber vexetación das seguintes especies:
PIÑEIRO
EUCALIPTO
MIMOSA
ACACIA
XESTA
FIEITO
TOXO
SILVA
O concello enviou mais de 2.000 cartas informando ás persoas titulares de terreos afectados por esta lei, que poden atopar mais datos no visor da Xunta de Galicia https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/
ou na web municipal concellodemino.gal, no XEOPORTAL DE DATOS-VISOR DE FAIXAS DE PROTECCIÓN CONTRA INCENDIOS https://experience.arcgis.com/experience/958be2eeb0f9421f861a6778feabc825/page/FAIXAS
Cando as parcelas estean xa limpas hai que comunicarllo ao concello (no rexistro presencial ou na sede electrónica) para poder arquivar o expediente.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies