21/11/2025
O sábado 29 de novembro ás 12 da mañá teremos aos Bolechas no centro social de A Rúa, coa representación de A muller orquestra.
A actividade é un teatro de monicreques para que participen nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias. Pili ten unha idea xenial. Vai facer unha banda de música! Desas que desfilan tocando polas festas. Pero ten un problema. Carlos non quere tocar o bombo, Loli non quere tocar os pratos, Braulio non quere tocar o trombón, Sonia non quere tocar o clarinete e Tatá e Chispa non saben tocar. Que vai facer, logo? Pois vai ser “A muller orquestra”. Tocará todo ela: bombo, pratos, trombón, clarinete, saxofón, frauta etc.
Entrada libre ata completar o aforo.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies