08/10/2024
O concello propón á mocidade de Miño un programa de lecer, Xuventude en CaMIÑO, que ofrece unha actividade ao mes.
Iníciase este sábado 26 de outubro, cun unha actividade de paintball nas instalacións do APZ A Zapateira. Por 4 € inclúese o desprazamento, a entrada e un cargador de 100 bólas.
Tras esta xornada haberá unha visita a un centro de saltos e acrobacias (novembro), patinaxe sobre xeo (decembro), esquí en Leitariegos ou Manzaneda (xaneiro), láser etiqueta en febreiro, visita a parque multiaventura (marzo), rafting en abril e iniciación ao surf para finalizar xa en maio.
É necesaria inscrición (604004439)
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies