Noticias e alertas

PRESENTACIÓN E DEGUSTACIÓN DO BOLO MARIÑEIRO

07/04/2022

Este sábado 9 de abril ás 13:00 horas o Concello de Miño organiza unha degustación do Bolo Mariñeiro como acto de presentación do produto ante a veciñanza. O evento contará coa elaboración en directo da receita por Antonio Amenedo e rematará coa degustación. Ademais o showcooking conta co patrocinio de Estrella Galicia que ofrecerá unha maridaxe do seu produto para acompañar a degustación. O aforo é de 350 persoas que se completará por orde de chegada.

Tras o acto de promoción a veciñanza e os visitantes poderán mercar e degustar nos diferentes establecementos de hostalería o Bolo Mariñeiro de Miño.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies