Noticias y alertas

BANDO SOBRE TRAMPEO DE VELUTINAS

26/03/2021

TRAMPEO CONTRA AS VELUTINAS

Veciñas e veciños:

A velutina é unha especie invasora perigosa para o medioambiente e que comporta un risco importante para as persoas. Nestes momentos comezan a saír do seu letargo invernal e se non poñemos trampas en grande escala teremos centenares de niños en cada concello e o consecuente incremento do risco para as persoas.

Por desgraza a anómala situación xerada pola Covid imposibilita que se organicen charlas divulgativas presenciais sobre a prevención das velutinas coa colocación de trampas, que está demostrado que reduce ata nun 75% o número de niños. As trampas son de fabricación caseira e moi sinxela, e pode facelas calquera con materiais non tóxicos.

O risco que xera a Vespa velutina negritorax é moi superior á das autóctonas, xa que carecen de inimigos naturais e xeran centenares de nais por niño, a diferenza das autóctonas que apenas chegan á decena. Non fai falta achegarse ao niño para alteralas xa que poden reaccionar violentamente ao ruído e á vibración (niños soterrados), son máis agresivas na proximidade dos seus niños, ataca en maior número por seren niños maiores e con maior poboación. No ataque son máis insistentes e polo seu gran tamaño inxectan maior cantidade de veleno.

A captura das raíñas ten que efectuarse desde o inicio do mes de marzo ata finais de maio (coincidente coa fase de construción e actividade do niño primario) ou ben de setembro a decembro (do nacemento das novas raíñas ata a súa hibernación).

Por todo isto a mensaxe deste ano é breve, clara e está dirixida a toda a veciñanza, SE NON QUERES UN NIÑO DE VELUTINA PRÓXIMO Á TÚA CASA PON UN PAR DE TRAMPAS NO TEU HORTO OU XARDIN, E ASÍ EVITARÁS TER UN NIÑO A MENOS DE 150 METROS DA VIVENDA.

BANDO SOBRE TRAMPEO DE VELUTINAS

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies