Noticias e alertas

A FIBRA CHEGARÁ A TODO MIÑO

27/03/2024

Aínda non dispós de fibra no teu domicilio?

O programa ÚNICO do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital levará a conexión a internet de calidade a todos os domicilios da provincia de A Coruña, e tamén a Miño, a través da empresa Rede Aberta. Esta levará fibra neutra (é dicir, válida para logo contratar con calquera operadora) a todas as zonas do termo municipal, tanto do casco urbano como da zona rural.

Esta é unha iniciativa da Axenda España 2026 para eliminar a brecha dixital entre as zonas urbanas e as rurales, garantindo unha conectividade axeitada cun mínimo de 100 Mbps no 2025.

En Miño xa comenzaron os traballos e rematarán antes do verán; por iso se non tes aínda servizo de fibra óptica e/ou pensas que non van chegar á túa casa por estar illada, por favor ponte en contacto co concello a través do correo comunicacion@concellodemino.gal facilitando:

  • Nome
  • Dirección
  • Referencia catastral da vivenda ou coordenadas GPS

O concello trasladarao á empresa para que instalen a fibra.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies